viernes, 16 de noviembre de 2012

Puntos de encontro

Nas situacións de separación, estes programas teñen como finalidade favoreces o réxime de visitas para que os nenos e nenas que estean nesta situación poidan visitar e relacionarse cos dous proxenitores.
En Galiza, o primeiro que se creou foi en Vigo no ano 1999
Estes centros poden estar promovidos por administracións públicas ou por empresas privadas.
Baseanse en varios principios como son:

  1. Interese das persoas menores, é decir, a supremacía do neno ante calquer situación
  2. Voluntariedade por parte dos proxenitores, ou pola contra, que se trate dunha resolución xudicial; estas son as maneiras de como acuden alí os pais
  3. Imparcialidade: evítase estar dun bando ou doutro
  4. Neutralidade
  5. Confidencialidade de datos e informacións
  6. Temporalidade: Confiase en que sexa unha medida temporal orientada a normalización das relacións
Nestes centros realízanse intercambio de menores, visitas tuteladas e visitas sen supervisión. Tamén se desenvolve un programa psicosocioeducativo individualizado e orientación e asesoramento familiar. 

Federación Galega de Puntos de Encontro Familiares

No hay comentarios:

Publicar un comentario