viernes, 16 de noviembre de 2012

Gabinetes de Orientación Familiar

O apoio e a promoción na calidade de vida e a atención e prevención das diferentes situacións Problemáticas que se poden dar no ámbito familiar; son algúns dos aspectos que desenvolve e trata este recursos especializados.
Dependen da Consellería de Traballo e Benestar e de outros departamentos territoriais.
Este recurso só pode actuar se as familias o piden directamente, pero sempre tratando o principio de confidencialidade. As familias poden acudir alí sempre que consideren que existe un conflicto internamente, xa sexa, entre pais e fillo, na familia extensa, crises de parella,...


A axuda que nos proporcionan é de diversos tipos, pero sempre atendendo a demanda:

  • Informativa
  • De Orientación e asesoramento
  • Acompañamento e axuda emocional nos momento de crise 
  • De preparación para as distintas etapas polas que pode pasar a familia
  • Formativo, proporcionando todo tipo de medios necesarios
  • Terapia e tratamento de superación
Para máis información, aqui deixamos o enderezo para poder atopar con facilidade  o Gabinete de Orientación Familiar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario