viernes, 16 de noviembre de 2012

Puntos de encontro

Nas situacións de separación, estes programas teñen como finalidade favoreces o réxime de visitas para que os nenos e nenas que estean nesta situación poidan visitar e relacionarse cos dous proxenitores.
En Galiza, o primeiro que se creou foi en Vigo no ano 1999
Estes centros poden estar promovidos por administracións públicas ou por empresas privadas.
Baseanse en varios principios como son:

  1. Interese das persoas menores, é decir, a supremacía do neno ante calquer situación
  2. Voluntariedade por parte dos proxenitores, ou pola contra, que se trate dunha resolución xudicial; estas son as maneiras de como acuden alí os pais
  3. Imparcialidade: evítase estar dun bando ou doutro
  4. Neutralidade
  5. Confidencialidade de datos e informacións
  6. Temporalidade: Confiase en que sexa unha medida temporal orientada a normalización das relacións
Nestes centros realízanse intercambio de menores, visitas tuteladas e visitas sen supervisión. Tamén se desenvolve un programa psicosocioeducativo individualizado e orientación e asesoramento familiar. 

Federación Galega de Puntos de Encontro Familiares

Os espazos familiares

É unha iniciativa catalana, dirixida ás familias con nenos de 0 a 3 anos. É un espazo onde estas familias poden gozar de xogos e actividades educativas cos pequenos. Ademáis, tamén interaccionan con outros pais onde poden compartir experiencias. 


Este enlace pertence a un blogue (criar_hoy), onde recolle unhas xornadas en Barcelona sobre uns espazos familiares. 

Residencias de tempo libre


En Galiza contamos con dúas: Unha en Nigrán (Pontevedra) e o Carballiño (Ourense). Son residencias onde as familias dependentes da Consellería de Traballo e Benestar poden gozar do ocio e do lecer. 
As datas son adxudicadas ás familias por medio dun sorteo. 

Estas residencias ofertan:
  1. Servizo de residencia: Aloxamento e pensión completa as persoas benefiadas
  2. Servizo para non residentes: Un comedor para a familia e os amigos que os veñan visitar
Nesta páxina da asociación galega de familias numerosas (AGAFAN) podemos ver a mención que fai destas residencias e do seu prazo para solicitar plaza

Programas de mediación familiar

http://benestar.xunta.es/web/portal/mediacion-familiar

Este é un enlace da Consellería de Traballo e Benestar onde nos informa sobre a mediación familiar. Un grupo de profesionais, trata de resolver os conflictos que houbo ou hai nunha parella, como por exemplo, en situacións de divorcio, separación, ...
Teñen obxectivos predefinidos como:

  • Darlle a oportunidade de separarse dunha maneira o menos conflictiva posible
  • Axudar a parella a resolver discrepancias
  • Conseguir acordos entre a parella que sexan duradeiros
Este programa complementase con liñas de axuda económicas (Mediagal) que son cheques servizo, con valor nominal por 6 meses de duración normalmente. 

Programa de atención ás familias monoparentais

Este e un programa que presta apoio ás familias dun só proxenitos con fillos ao seu cargo . Teñen como obxetivos os seguintes:

  • Potenciar a autonomía destas familias
  • Favoreces a sociabilización dos nenos
  • Promover a inserción social das mulleres que estean nesta situación
  • Facilitar a igualdade de oportunidades para estes proxenitores
  • Evitar situacións de risco social
Tamén ofrecen unhas estancias gratuitas en zonas costeiras para as nais que estean nesta situación e poidan, desta maneira, disfrutar do ocio coas súas crianzas. 

Programas para a educación familiar

Son programas que pretenden anticiparse ás situacións de dificultade social. Para isto dotan ás familias das competencias necesarias para favorecer que as funcións familiares se realizan dun xeito máis favorecido.
Dentro dunha familia, realizase unha diagnose e partindo dela contemplan as actuacións nos distintos ámbitos como, por exemplo, roles e responsabilidades da familia, orientación cara o emprego, seguimento escolar,...
Actúan cun carácter integral e continuado co fin de acadar os obxectivos propostos en cada familia.

Os encargados de desenvolver estes programas son técnicos especializados, como os do programa Tecendo Redes, do que xa mencionamos noutra entrada anterior.

Aqui vos deixamos un enlace da mediación familiar:
http://benestar.xunta.es/web/portal/mediacion-familiar


Servizo de canguros

Consiste en persoas que coidan dos menores no seu fogar, no tempo en que as persoas adultas da familia non o poden facer. Isto permitenos conciliar unha vida familiar e laboral, sobre todo a aquela xente que non ten preto a ningún familiar, o que normalmente ven sendo a xente das cidades.

Normalmente solen ser empresas privadas as que realicen estas actividades, xa que non está moi regulado no noso país; pero ás veces tramítase este servizo por medio dun concello.

Na páxina que presentamos de seguido, podemos atopar diferentes empresas que ofertan este servizo:
http://www.canguroencasa.com/Canguros-_ACORUNA__CANGUROS__EMPRESA-CANG.xsql